Inicio | DOAC | BigPress | Weblog | Acerca de | Login

Archive for May, 2006

Cada palabra conta

Thursday, May 11th, 2006

Cada día os/as blogueiros galegofalantes escriben máis de 12.000 palabras. Dende onte G3 estrea unha nube de palabras, que que danos unha idea de que se está a tratar na blogosfera galega. Onte quedaba patente o relieve que está tendo a reforma do convenio do metal e as críticas á represión policial e pola noite destacaban as novas sobre as eleccións na Universidade de Santiago.

A primeira nube de palabras famosa foi a de Flickr á que logo seguiron a de Technorati ou del.icio.us. Máis preto de nós anticipouse a nube de palabras do blogomillo de Calidonia, empregando un servizo externo. Unha magoa que deixase de funcionar pois sería moi interesante comparar os resultados.

Envíalo a menéame

G3 vs. Paxinas.Com

Monday, May 1st, 2006

G3A empresa 3.14 Financial esta a preparar, como moitos de vos saberedes, o lanzamento dun novo buscador en galego que chamarase Paxinas.Com. Moitos foron xa os visitados polo Paxinasbot, basado na araña de codigo aberto Larbin, eu sigo esperando coma mozo namorado a sua visita. Espero que acoda pronto, e estame ben empregado por tanto falar inglés.
Nembargantes este non é nin o primeiro nin o único buscador galego na rede. Sempre foron famosos os directorios -que ninguén os confunda cun buscador a pesares da semellanza- Vieiros ou Galicia City. Logo viron os intentos quizais demasiado tempranos, debido ó atraso tecnolóxico de Galicia, Enxebre e U-lo.

Cando Paxinas.Com comece a funcionar non será o primeiro, pero tampouco o único, pois dende hai preto dun ano está activo G3: O pequeno buscador. Pequeniño pero moi xeitoso conta dende hoxe con novas funcións, mostrando o que se está a falar nos xornais e na blogosfera galegofalante. Tamén xa está disponible a extensión de G3 para o cadro de busca de Firefox.

Tamén nos últimos meses incorporouse a versión en galego de Seekport. Galicia comeza a descobrer Internet o cal da pe unha ampla gama de propostas: Blog Galego, Chuza!, etc.

Envíalo a menéame