Mapa da blogosfera galega
Acabo de atopar outro traballo moi interesante, esta vez por Lantania, que fixo un estupendo traballo localizando no mapa moitos dos 1270 blogs galegos. Coma comenta no seu blog podemos observar que se concentran na sua maior parte nos grandes nucleos de poboacion pois mentres outros falan de velocidades de conexion de vertigo en Galicia ainda temos problemas para ver unha paxina decentemente. Tamen se nos fixamos moitos vexo confirmada unha tendencia que tenho observado en G3. Comentanse lixeiramente mais os temas relacionados con Vigo en comparacion cos de A Corunha pese a ter unha poboacion moi similar e evidentemente moito mais que os de Santiago. Isto pode seguramente tera unha relacion co que observamos neste mapa.
Esperemos que estos datos crezan abundatemente nos proximos meses. Comparados cos datos a nivel estatal corresponderianos o menos 5000 blogs, mentres a realidade afastase destas cifras -o menos en canto o que a blogs en galego se refire- polo cal ainda queda moito percorrido posible. Coma xa dixen anteriormente o que a Internet Galega precisa e ser accesible e conhecida, tanto polos que ata o de agora non cairon na importancia que esta acadando coma por aqueles que os que a Internet ainda lles queda un pouco lonxana. Imos achegandos.