G3 vs. Paxinas.Com
Monday, May 1st, 2006
A empresa 3.14 Financial esta a preparar, como moitos de vos saberedes, o lanzamento dun novo buscador en galego que chamarase Paxinas.Com. Moitos foron xa os visitados polo Paxinasbot, basado na araña de codigo aberto Larbin, eu sigo esperando coma mozo namorado a sua visita. Espero que acoda pronto, e estame ben empregado por tanto falar inglés.
Nembargantes este non é nin o primeiro nin o único buscador galego na rede. Sempre foron famosos os directorios -que ninguén os confunda cun buscador a pesares da semellanza- Vieiros ou Galicia City. Logo viron os intentos quizais demasiado tempranos, debido ó atraso tecnolóxico de Galicia, Enxebre e U-lo.
Cando Paxinas.Com comece a funcionar non será o primeiro, pero tampouco o único, pois dende hai preto dun ano está activo G3: O pequeno buscador. Pequeniño pero moi xeitoso conta dende hoxe con novas funcións, mostrando o que se está a falar nos xornais e na blogosfera galegofalante. Tamén xa está disponible a extensión de G3 para o cadro de busca de Firefox.
Tamén nos últimos meses incorporouse a versión en galego de Seekport. Galicia comeza a descobrer Internet o cal da pe unha ampla gama de propostas: Blog Galego, Chuza!, etc.
Envíalo a menéame 